Actualidade

PROBAS GRADUADO EN ESO E CELGA 2


O Concello de Paradela ten previsto realizar durante os meses próximos as seguintes actividades: formación de adultos para a preparación das probas de Graduado en ESO e actividade preparatoria das probas do CELGA 2. Estas actividades serán cofinanciadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

 

IV EDICIÓN "O NADAL NO TEU POBO"

Este concurso ten por obxecto promover a participación dos veciños na decoración de Nadal de lugares do municipio. Nesta ocasión o primeiro premio, con un importe de 600 € foi para Milagros López Díaz, polo traballo realizado en Vilar de Aldixe, na parroquia de Vilaragunte. Este belén "multicultural" realizado con materiais reciclados pode visitarse ata o nove de xaneiro de 2012 en horario de 10:00 h a 16:00 h.

 

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA XVI EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ

DÍA: MÉRCORES, 21 DE DECEMBRO

HORA: 20:00 HORAS

LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ

Vaise a celebrar a entrega de premios, acto no que os premiados lerán unha parte das obras galardoadas e contaremos tamén coa presenza dalgún convidado e dalgunha actuación musical para amenizar o acto.

CICLO DE TEATRO DENTRO DO PROGRAMA BUXIGANGA

O Concello de Paradela en colaboración coa Deputación de Lugo organiza un ciclo de teatro para nenos/as e adultos para o mes de novembro dentro do programa Buxiganga (Proxecto teatral educativo 2011).

 

OBRAS DE TEATRO E DATAS:

 

SÁBADO 5 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 H. NO CEIP SAN MIGUEL:

“O XUÍZO”. BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ANTAS DE ULLA TEATRO. ADULTO.

BASES DA XVII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ. MODALIDADE: NARRATIVA E POESÍA.

PRIMEIRA.- Participantes.
Poderán concorrer anualmente ao certame literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todo os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.