• Galego
  • Español

Que facer en Paradela?

Vostede está aquí

Que facer  en Paradela se temos 2 horas?

Unha visita interesante sería o conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, formado polo templo parroquial e unha casa reitoral anexa, como o seu nome indica está moi preto da beira do río Miño.

O conxunto foi declarado monumento de interese nacional e recibe o Primeiro Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma.

Hai estudos que afirman que a igrexa de San Facundo é a primeira manifestación de estilo gótico na Península Ibérica; está constituída por seis robustos arcos de pedra que converxen nunha clave colocada a 5,3 metros de altura. San Facundo nace coa vocación de acoller aos peregrinos, sería como o que hoxe coñecemos como "albergue xacobeo".

Como chegar: a distancia do núcleo urbano a San  Facundo son 8 qm. Na saída de Paradela en direccion a Portomarín tomamos un desvío á esquerda (LU-P-4202), polo que  deberemos percorrer 5 qm. Logo tomamos a pista da dereita (está indicado). Chegamos a un cruce con tres pistas e colleremos a da dereita. Cando chegamos ao pobo de Lombao atopámonos con catro posibilidades, é a cuarta pista a que debemos tomar, a que está máis á dereita. (Tempo aprox. desde Paradela: 10-15 minutos)

É de visita obrigada o miradoiro de Cabodevila, cuxo nome indica como é o lugar, un singular cabo na beira do Miño que portege a desembocdura do río Loio no Miño.

Neste lugar sacábanse as pedras que logo servirían para moer nos muíños da zona, con moito esforzo e esmero para seguir conservando este paraíso.

Como chegar: este miradoiro está a 7,3 qm. de Paradela,desde o núcleo urbano de Paradela tomar a C-535 en direccion a Portomarín durante 6,6 qm. ata chegar ao lugar de Loio, alí tomar o desvío á esquerda pola estrada que vai á beira de Belesar durante 700 metros. Desde este lugar temos a 3,4 qm. o conxunto de San Facundo de Ribas de Miño.

Que facer se tenenemos un día?

Podemos visitar San Facundo e o miradoiro de Cabodevila (ver que facer se temos 2 horas) e non podemos deixar de visitar o miradoiro de Cortes, lugar elixido por unha coñecida marca de refrescos para rodar un anuncio publicitario. Desde aquí hai unha das mellores vistas do Camiño Francés cara a Compostela  e das curvas do río Miño.

Aquí tamén se atopa a capela de Santa María de Loio, na que podemos ver unha imaxe de Santiago que nos lembra que neste lugar nace a Orde dos Cabaleiros de Santiago, fundada para a protección dos peregrinos e o sepulcro do Apóstolo nos séculos IX-X.

Como chegar: Desde o lugar de Loio son 1400 metros. En Loio tomamos un desvío que está sinalizado, despois chegaremos a un lugar onde hai un cruzamento con dous sinais, a de Loio leva á capela e a indicación de Cortes lévanos ao miradoiro.

Que facer se temos 2 ou máis días?

Se lle gusta o sendeirismo podemos a ruta do Loio ou o tramo do Camiño Francés ao seu paso por Paradela  (e ver tamén que facer se temos 2 horas ou 1 día). O Camiño Francés atravesa neste Concello as parroquias de Ferreiros, Francos, Laxe e Cortes. En Ferreiros máis concretamente no lugar de Mirallos atópase a igrexa de Santa María de Ferreiros: observe a súa portada románica que conta con arcos semicirculares  que nos lembran o taboleiro de xadrez ou o lóbulo da orella, trate de atopar onde se atopan as pezas con motivos vexetais, animais e cabezas humanas. Esta igrexa foi antigo hospital de peregrinos.

O percorrido do Camiño Francés ten 7300 metros en terras de Paradela, non presenta ningunha dificultade e pódese facer tanto a pé como en bicicleta. Ao longo deste tramo atopará varios albergues privados, un público e restaurantes onde odrá repoñer forzas a uns prezos moi alcanzables.

Se lle gusta o contacto coa natureza recomendámoslle a ruta de sendeirismo do Loio homologada pola Federación Galega de Montañismo. Aquí atopará un carballo e dous castiñeiros centenarios, ademais de moitas especies protexidas. Esta ruta conta con varios muíños, pontes, un desvío lévanos aos restos do mosteiro de Santa María de Loio, onde teñen as súas orixes a Orde de Cabaleiros de Santiago.

Abunda unha planta en perigo de extinción, o acivro, non pense nela como un simple adorno de Nadal, senón nunha importante fonte de alimento para moitos animais, poderiamos dicir que é como unha "despensa" porque frutifica no inverno.

Nos meses caloroso están abertas as piscinas que teñen un prezo simbólico e atópanse situadas no núcleo urbano, é unha boa opción para pasar a tarde se viaxa con nenos e situada moi preto tampouco deixe de visitar a biblioteca do centro sociocultural na Praza Fraga Iribarne 5, alí atopará gran variedade de libros e en especial para os máis pequenos, así como acceso a internet sendo fácil que coincida coa celebración dalgún obradoiro ou acto cultural para todas as idades.

Concello de Paradela