• 21 Jun 23

Presentación do libro "A miña cadeliña"

O pasado día 14 o Alcalde de Paradela participou na presentación do libro "A miña cadeliña" ,de Hércules de Ediciones, no CEIP Plurilingue San Miguel (Paradela). Na presentación do libro estiveron o autor, D. Francisco Rodríguez Iglesias, e a ilustradora, Dª Estefanía Padullés. O libro é unha bonita historia dunha nena chamada Antía e a súa cadeliña Pinta. O libro procura inculcar o amor dos máis novos polos animáis e pola natureza. O Concello  agasallou aos nenos do cole cun exemplar do libro.