• 07 Feb 11

PROGRAMA DE AUTOCOMPOSTAXE

O Concello de Paradela está a poñer en marcha un PROGRAMA DE AUTOCOMPOSTAXE que ten por obxecto reducir o volume dos residuos que xeramos e o alto custo económico que supón a súa xestión e tratamento e que os veciños/as podan fabricar o seu propio compost, para o que se lles cederá un composteiro totalmente gratuíto.

 

O día 15 de marzo, ás 12:00 horas, celebrouse no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López unha CHARLA SOBRE O PROCESO DE ELABORACIÓN DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA. Esta é a segunda charla formativa que se celebra dentro do Proxecto.

 

Programa de Autocompostaje