• 13 Jun 13

INSTALACIÓN DE NOVA INFRAESTRUTURA PARA DAR COBERTURA DE BANDA LARGA NA PARROQUIA DE CASTRO DE REI

O Concello de Paradela concede licenza de obra e actividade á empresa Redes de Telecomunicacións Galegas RETEGAL S.A. para instalar no lugar de Pena Veitureira (Castro de Rei) unha infraestrutura de telecomunicacións que permita aos operadores aloxarse nela e satisfacer as novas demandas que requiren os veciños do entorno.

 

RETEGAL foi encomendada por parte da Xunta de Galicia, ao abeiro das actuacións recollidas no Plan de Banda Larga para o despregamento dunha rede de infraestruturas na Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de estender os servizos da Sociedade da Información.

 

Esta infraestrutura permitirá dar cobertura aos seguintes núcleos do Concello de Paradela: Bacorelle, Bustaregas, Carballedo, Carballosa, Espiño, Mazo, Mide, Paredes de Abaixo, Paredes de Arriba, Pereiro, Portocarreira, Sacadoiro, Uceirabranca, Val do Couto, Zouro e Souceda no Concello de O Saviñao.