• 18 Dec 13

ENTREVISTA DO PRESIDENTE DA MANCOMUNIDADE DO CAMIÑO FRANCÉS NO MINISTERIO DE FOMENTO

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés a Santiago, representados polo seu presidente, José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela e por Olga Iglesias Fontal, Alcaldesa do Concello de Triacastela e Deputada no Congreso entrevistaronse en Madrid o pasado xoves, 12 de decembro, coa Directora Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento para tratar sobre a obriga que establece a Lei de Patrimonio Histórico de destinar nos contratos de obras públicas unha partida de polo menos o un por cento a traballos de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español ou ao fomento da creatividade artística, con preferencia na propia obra ou no seu inmediato entorno.

 

As actuacións que se financian con cargo ao 1,5% cultural consisten en traballos de conservación, restauración, rehabilitación e consolidación de bens inmobles declarados bens de interese cultural. O Presidente da Mancomunidade presentoulle á Directora Xeral un anteproxecto no que se recollían as necesidades existentes ao respecto no Camiño Francés en Galicia, un territorio integrado por once municipios con aproximadamente 50.000 habitantes e que recibe cada ano en torno a millón e medio de visitantes de máis de cen nacionalidades diferentes.


As actuacións propostas nesta reunión son accións que redundan na conservación dos núcleos do camiño de Santiago, polo que incide de forma directa na mellora da imaxe do camiño para os visitantes pero tamén na calidade de vida dos habitantes dos núcleos polos que pasa o camiño e que en moitos casos ven pasar miles de persoas sen obter beneficios directos.


Para tratar este asunto, o luns 23 de decembro terá lugar unha entrevista entre o Presidente da Mancomunidade, José Manuel Mato Díaz e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro e da que o presidente da Mancomunidade agarda resultados moi  positivos para o que foi declarado Primeiro Itinerario Europeo polo Consello Europeo no ano 1987.