• 15 Apr 14

RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILO E DE INVERNADOIROS

Para que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións, serán recollidos na explanada do Mercado Gandeiro de Paradela os días 29 e 30 de abril desde as 9:00 h ata as 14:00 h.

 

 Só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro.

 Os plásticos deberán estar atados ou en fardos.

 Non poderán levar restos de terra, herba ou calquera outra cousa.

 Non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico, só plásticos de silo.

 

Haberá persoal para o control da recollida, para calquera dúbida contactar co Concello de Paradela no tfno 982 54 11 01.

 

Non se poderán realizar máis descargas de plásticos ata novo aviso.