• 29 Jan 15

A EXPOSICIÓN “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, EMIGRANTE GALEGO E POETA OBREIRO” NO ATENEO OURENSÁN

O mércores, 28 de xaneiro tivo lugar a inauguración da exposición do poeta paradelense no Ateneo do cidade de Ourense.

 

No acto, que estivo presidido polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, interviron tamén o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, o Alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato, a viúva do escritor, Irene López, o Director de Galicia Digital, Antonio Giz e a Presidenta do Ateneo, Isabel Salgado. Rematou con música de Marcos Foxo.