• Galego
  • Español

INAUGURADA EN PORTOMARÍN A EXPOSICIÓN SOBRE MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ

Vostede está aquí

A exposición itinerante sobre a figura do poeta Manuel Rodríguez López estará durante os próximos días na Casa Consistorial de Portomarín. A exposición que leva por título “Emigrante galego, poeta obreiro” estará aberta ao público polas mañás.

 

O acto de inauguración, celebrado o día 21 de marzo, contou coa presenza da viúva do escritor, Irene López, do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García e dos alcaldes de Portomarín e Paradela, Juan Serrano e José Manuel Mato. Estiveron tamén Xulio Xiz e Antonio Giz, responsables de GaliciaDigital, e impulsores do proxecto de divulgación da obra e a figura do poeta.

 

No mes de abril esta exposición poderá verse en Santiago de Compostela e no mes de maio estará en Cataluña, estivo anteriormente en Paradela, Lugo, Begonte e Sarria.