• 12 Sep 19

20 DE SETEMBRO: CONTACONTOS INFANTIL

O venres 20 de setembro, a partir das 17:30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Paradela (Centro Sociocultural Manuel Rodríguez López) o Contacontos infantil "1, 2, 3! A que non o ves?", unha actividade de dinamización da lectura dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos.