• 16 Nov 22

I RUTA DOS CABALEIROS DE SANTIAGO

O Concello de Paradela anuncia a I Ruta cicloturista BTT dos Cabaleiros de Santiago, que terá lugar o 11 de decembro de 2022, cun percorrido de 34 quilómetros. A entrega de dorsais terá lugar a partir das 08:30 no mercado gandeiro, e a saída será desde alí ás 09:30. Haberá duchas, lavado de bicis, avituallamento durante o percorrido, servizo médico, e ao terminar, pinchos para todos!

Inscríbete ata o 7 de decembro en https://forms.gle/Kvnzpyt9r7Sdy4er7 ou no teléfono 982 541 101.