• 13 Jun 22

Ler conta moito 2022

Este luns, parte dos nenos do C.E.I.P. San Miguel de Paradela trasladáronse á biblioteca municipal para participar no obradoiro de ilustración "As superheroínas do noso pobo", impartido por Estefanía Padullés Estevez, tamén veciña deste pobo. Todo isto enmarcado no programa de Dinamización da Lectura  "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.

A través de este obradoiro os nenos coñeceron a "María Sibylla Merian", que  é considerada actualmente como unha das máis importantes iniciadoras da entomoloxía moderna destacan as súas detalladas observacións e descripcións con ilustracións propias da metamorfose das bolboretas. Logo de coñecer a esta "superheroína",  os nenos tocoulles  ilustrar  nun cartel a súa "superheroína" particular, onde amosa os seus superpoderes. Os traballos dos participantes serán expostos na biblioteca municipal.

Ao final do obradoiro, estes nenos recibiron un diploma acreditativo da súa participación.