• 23 Jan 23

O Concello de Paradela, en Fitur

O pasado día 19, o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato, participiou, facendo equipo co resto de Alcaldes da Mancomunidade, na presentación en FITUR, dun video elaborado pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, que resalta os valores desta ruta xacobea e a experiencia vital de diferentes peregrinos ó longo do Camiño.

O Alcalde de Paradela, salientou a importancia  de que os concellos do camiño colaborasen en  iniciativas coma esta potenciando así un destino turístico máis amplo e integrador.

Ademais participiou tamén en reunións de traballo nas que puido aportar a súa experiencia, tanto como rexedor do concello onde se atopa o km 100, como peregrino que percorreu varias veces o camiño.

Din que se non estás en FITUR non existes....así que este 2023, Paradela existe e Paradela estivo en FITUR.