• Galego
  • Español

Anécdotas Divertidas

Vostede está aquí

A frecha amarela

Un peregrino que entrou na oficina de turismo preguntoume o motivo de que a frecha  amarela que indica a dirección a seguir no Camiño de Santiago fose da mesma cor que a miña chaqueta. 

Este simpático peregrino engade  que o conto de Alicia no País das Marabillas a protagonista segue un camiño amarelo e que se cadra ten algunha relación, despois agradéceme a información recibida e marcha cun sorriso.

 

O teléfono

Escribo unha conversa real cun peregrino:

Despois de explicar os puntos de interese, pregunto se ten algunha dúbida ou se quere que lle repita algo e doulle un mapa, entón contestoume:

Peregrino: a qué hora pechas?

Informadora: ás seis da tarde.

P: ¿dásme o teu teléfono?

I: nego coa cabeza.

P: es moi profesional e non mo podes dar.

I: moitas grazas. Bo camiño...

 

Esta noite hai festa?

Entran na oficina un grupo de peregrinos que falan distintos idiomas, fanme varias preguntas e seguen a falar entre eles, alborotan, rin, miran os carteis, desordenan os folletos, fan barullo….

 

Chámame a atención que algúns deles falan moi ben o español aínda que a min diríxense no seu idioma, esfórzome en falarlles nas súas linguas, eles sorpréndense e penso que o agradecen.

 

Un deles pregúntame sobre a festa desa noite e quere saber se vou a estar, contéstolle que non porque mañá cedo teño que estar outra vez na oficina, segue interesado e fai preguntas sobre a festa coma se non tivese présa algunha. O resto dos seus compañeiros seguen a falar entre eles e a curiosear entre os folletos. Chámame a atención que son xente moi nova e de distintas nacionalidades e idiomas, pode que teñan uns dez anos menos ca min  pero se cadra pensan que temos a mesma idade.

 

O rapaz que está interesado na festa desta noite volve a facerme preguntas coma se non quixera marchar, estou a piques de preguntarlle o motivo de que faga o Camiño de Santiago pero decátome  de que non podo facer preguntas, somentes contestalas e informar.

 

O grupo segue na oficina falando e rindo, chegan máis peregrinos que teño que atender, a oficina esta ateigada, soa o teléfono, o peregrino "festeiro" despídese cun sorriso.